Skip to main content
+100 organizacións utilizan Mastodon para a súa comunicación pública

A túa instancia Mastodon con xestión completa

A túa propia instancia Mastodon aloxada polo equipo que a creou

Contacto comercial

Instancia con Xestión Completa

A medida das grandes organizacións

Xestionamos todos os aspectos, desde a infraestrutura ata seguridade, copias de apoio, actualizacións, moderación, accións legais.

Perfecta para organizacións que queren un acceso rápido á súa propia instancia con garantías de servizo e baixo investimento en recursos.

Incluíndo Aloxamento, Moderación e Axuda

Contacto comercial

Servizo Individual

Deseñado para organizacións que queren manter o control.

Ti tes o control. Decides que servizos desexas, como os queres xestionar e cando queres que Mastodon che axude.

Ideal para organizacións que xa teñen recursos propios ou queren construír unha infraestrutura interna

Elixe un ou varios servizos de Aloxamento, Moderación ou Axuda.

Contacto comercial

Organizacións e institucións líderes confían en Mastodon para xestionar a súa instancia.

European Commission

A Comisión Europea ten a súa propia instancia oficial de Mastodon para contactar cun amplo espectro de persoas en todo o Fediverso, apoiar as plataformas de código aberto, e proporcionar unha canle orientada á privacidade para as comunicacións oficiais.

Schleswig-Holstein

Para reforzar os seus servizos públicos dixitais e a colaboración local, o estado alemán de Schleswig-Holstein creou social.schleswig-holstein.de ― unha instancia oficial Mastodon aberta ás administracións do estado, a empresas do sector público e organizacións sen ánimo de lucro da rexión.

AltStore

Altstore é o fogar das apps que extenden os límites de iOS sen precisar desbloquear o dispositivo. Para apoiar a descentralización, autonomía das persoas usuarias e a privacidade, AltStore ten unha instancia oficial de Mastodon para falar da soberanía das aplicacións, distribución alternativas das aplicacións e de solucións de código aberto alleas aos ecosistemas fechados de tendas de aplicacións.

O teu dominio. A túa xente. A vosa palabra. Para unha rede social resistente.

A túa identidade en Todas as Usuarias do servizo

Todas as contas están baixo o teu propio dominio (exemplo: @nome@atuamarca.social). Persoal, persoas socias ou cidadáns serán recoñecibles ao momento e ser vistas en todo o Fediverso, reforzando a identidade da organización con cada interacción.

Localización dos Datos e Legalidade

Decide onde queres que se aloxe a túa instancia, na UE, ou noutra xurisdición dispoñible - para obter soberanía, cumprir o RXPD ou outros regulamentos internos sen comprometerte.

Retoma o control do teu alcance e audiencia

Define as túas propias regras e o nivel de moderación. Sen terceiras partes ou algoritmos alleos. Ti decides como se xestiona a conversa e como se comparten as mensaxes.

Como funciona

1

Selecciona o teu nome de dominio

Usa o dominio da túa organización para os nomes das contas (exemplo, @nome@cidade.gal). Así farás que sexa recoñecible en todo o Fediverso e crea confianza, como acontece cos correos electrónicos personalizados.

2

Un espazo á medida da túa Comunidade

Elixe o deseño, aparencia e regras que mellor se axusten á identidade da túa organización. Podes engadir unha descrición, definir elementos coa túa marca así como as regras personalizadas relevantes para a instancia.

3

Convidar e Crear o Equipo

O último paso é convidar ás persoas, asignar roles se fose preciso, e deixar que os membros da comunidade configuren os seus perfís. Xa está todo listo para publicar, seguir e relacionarse con todo o Fediverso.